Estimada comunidade educativa comprácenos comunicarvos que a nosa biblioteca acaba de ser recoñecida por cuarto ano consecutivo co selo “Biblioteca Escolar Solidaria” polas actividades levadas a cabo ao longo deste curso 2021/2022.
Supón para o noso claustro unha honra e un impulso para seguir traballando e mellorando día a día, unidos e cun obxectivo común, ofrecer ao alumnado unha educación de calidade.
Estamos moi agradecidos á comunidade educativa, polo apoio que recibimos sempre nas nosas andainas e moi orgullosos do noso alumnado, quen é o motor e verdadeiro artífice de calquera recoñecemento que poidamos ter.