Renovación parcial do Consello Escolar

Estimadas familias:

Informámosvos de que o venres día 23 de outubro tivo lugar a primeira reunión da Xunta Electoral para a súa constitución, na que se aprobou o calendario xeral do proceso de renovación parcial do Consello Escolar do CEIP Plurilingüe San Marcos de Abegondo.

Ao longo das vindeiras semanas, irémosvos informando dos distintos pasos que se deben seguir, así como dos prazos e das actuacións correspondentes a cada fase do proceso, a través da páxina web do centro e da aplicación Abalar.

Mentres tanto, poñemos á vosa disposición o calendario xeral aprobado pola Xunta Electoral, no que se recollen as principais datas e fases deste procedemento electoral.

Agradecemos a vosa atención e animámosvos a participar activamente neste proceso, fundamental para a representación e a participación das familias na vida e no funcionamento do noso centro educativo.

Un cordial saúdo,