AULA VERDE
A través desta xanela virtual á nosa aula poderedes coñecer o que facemos cada día e sentir con nós o latexo diario da nosa aula.
As nenas e os nenos non xogan para aprender, pero aprender porque xogan.
Jean Piaget
As nenas e os nenos están feitos de cen, teñen cen linguaxes. cen mans, cen pensamentos, cen maneiras de pensar, de xogar e de falar, cen sempre cen xeitos de escoitar, de sorprender, de amar, cen alegrías para cantar e entender.
Loris Malaguzzi
- Todas as entradas
- BIBLIOCREATIVA
- BIBLIOMARQUIÑOS
- CLUB DE CIENCIA
- DÍAS ESPECIAIS
- DÍGOCHO EU!
- DONAS DE SÍ
- FAMILIAS
- HORA DE LER
- IDEANDO CON MARQUIÑOS
- INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS
- MANS EN FORMA
- O LATEXO DIARIO DA AULA VERDE
- OUTRA MIRADA
- PDI A IDADE MEDIA
- PDI IDADE MODERNA
- PDI XOGOS OLÍMPICOS
- PLAN PROXECTA
- POLOS CREATIVOS
- PROVOCACIÓNS
- RADIO MARQUIÑOS
- Sin categoría
- VOLUNTARIADO MIÚDO
- XOGANDO, ENREDANDO
Sin categoría
Unha visita especial
Durante o recreo de mediodía apareceu no patio un insecto moi especial: un grilo. Collémolo nun dos botes de observación de insectos que temos na ...
Sin categoría
Espetadas de froita
Para continuar coa nosa Eiruga larpeira fixemos un obradoiros de cocina saudable. Acompaño unos tamén, Joy, auxiliar de conversa, e puidemos lembrar os nomes dos ...
Sin categoría
Un ratiño de Lonxedetodo
Un ratiño de Lonxedetodo visitou a nosa biblioteca para enchela de máis contos. Gozamos, rimos e cantamos, foi un gusto ter esta visita. Agardamos que ...
Sin categoría
Campo de flores
Este curso seguimos facendo grafismos creativos por medio da proposta de Hervé Tullet, Cocina de debuxos. Hoxe seguindo tamén ao autor fixemos un dos obradoiros ...
Sin categoría
Maio, maíño
Coa chegada do mes de maio e a colaboración das familias fixemos un ano máis os nosos propios maios. Ademais descubrimos as fotografías doutros maios ...
Sin categoría
Novos amigos na aula
Coa chegada da primavera fomos descubrindo cousas moi interesantes sobre os bechos que van aparecendo na nosa contorna. Observamos un niño de velutinas cos seus ...
Sin categoría
Sesión semanal na biblio
Como ben sabedes unha sesión semanal dedicamola a ir á biblioteca, onde en equipos de 4 imos rotando cada semana polos espazos. Pezas LUPO Muro ...
Sin categoría
A miña ensalada
Dende o comedor do cole propuxeron inventar as nosas propias ensaladas, para que unha delas sexa incluída no menú do vindeiro mes. Alumnado da aula ...
Sin categoría
Semana do libro
Esta semana fixemos varias propostas para celebrar o Día do libro. Unha delas consistiu en coñecer a obra de Eric Carle e crear personaxes á ...
Sin categoría
Día das artes galegas
Descubrimos ao autor homenaxeado, Francisco Asorey e a súa obra “O Tesouro”. Analizamos o que había presente na obra e indagamos máispolo miúdo. As aulas ...
Sin categoría
Novas secuencias na aula
Coa chegada da primavera apareceron novas fotografías na nosa corda da beleza. E con elas novas propostas nas bandexas onde están moi presentes os insectos. ...
Sin categoría
Caixa de sons
Seguimos enchendo a nosa caixa de sons que nos permiten avanzar no proceso de achegamento á lectoescritura respectando a etapa na que está cada crianza. ...
Sin categoría
Time with Joy
Seguimos gozando da presenza de Joy, a auxiliar de conversa na nosa aula.
Sin categoría
Desconxelando animais
Experimentamos na nosa tuff tray con animais conxelados, auga quente, auga fría, sal e pipetas. Foi toda unha experiencia ver de que xeito se desconxelan ...
Sin categoría
Easter
Coñecemos da man de Joy como se celebra Easter no seu país. Para iso primeiro escoitamos atentos a súa explicación e canción. Logo diso, por ...
Sin categoría
O arco da vella
Para celebrar cos nosos amigos/as maiores o día da poesía traballamos arredor do poema O arco da vella de Manuel María. Podedes escoitar aquí cómo ...
Sin categoría
Xogar, crear, rir e aprender
Como sabedes gústanos moito aprender xogando, e os espazos da nosa aula deixan lugar á imaxinación. Mirade algunha das nosas creacións:
Sin categoría
Contar, escoitar…
Nas horas de ler moitas veces son os amigos e as amigas maiores os que nos contan os contos. Desta volta foi alumnado de 2° ...
Sin categoría
Animal Bingo
Nas sesións de hora de ler con Joy, a nosa auxiliar de conversa, aprendemos xogando. Esta semana fixemos un Bingo con animais en inglés.
Sin categoría
Baloncesto
Este trimestre investigamos sobre un deporte olímpico: o baloncesto. Coa axuda das familias aprendemos moito, podedes escoitar na nosa participación no programa de Radio Marquiños ...
Sin categoría
Cine San Marcos
Esta semana os nenos e as nenas de infantil vimos a película de Buscando a Nemo. Fixémolo en dúas sesións para que fose máis levadeiro ...
Sin categoría
¿Qué bigotes me pasa?
O alumnado de Atención Educativa segue traballando multitude de aspectos de xeito transversal a través dos contos. Desta vez deixámonos marabillas por un conto de ...
Sin categoría
La rata Renata
Esta semana tivemos unha visita especial, na que coñecemos da man da nai de Sara as aventuras da ratiña Renata. Gustounos moito e quixemos debuxar ...
Sin categoría
Lost in space
Esta semana disfrutamos dunha sesión de teatro en inglés. Unha historia fermosa, coa que fumos e ata bailamos, e incluso axudamos coa nosas mans a ...
Sin categoría
Pensando… creando…
Estes días parte do alumnado estivo traballando arredor do pensamento creativo e o valor de respectar as ideas dos demais. Pensamos e inventamos títulos para ...
Sin categoría
Visita ao Aquarium
Este xoves visitamos o Aquarium Finisterrae da Coruña. Durante os días previos na aula consultamos libros sobre peixes e animais mariños. Fixemos as nosas propias ...
Sin categoría
Instalación artística
O profesorado de educación infantil preparou varias propostas para o alumnado que visitou o cole na Xornada de portas abertas. Entre as mesmas, estivo unha ...
Sin categoría
Medallas olímpicas
Coñecemos as medallas olímpicas de París 2024, e a peculiaridade de que no seu centro levan un hexágono feito con partes retiradas da Torre Eiffel ...
Sin categoría
Simetrías de Entroido
Coñecemos algo da cerámica de Sargadelos da man das máscaras do Entroido, e realizamos estas elaboradas simetrías.
Sin categoría
Candeloria
Para celebrar o día da Candeloria, elaboramos os nosos paxariños. Logo coa luz negra descubrimos a maxia oculta detrás das nosas creacións.
Sin categoría
Mascotas dos Xogos Olímpicos
Durante o primeiro trimestre aprendemos moito sobre as Olimpíadas e sobre as súas mascotas. Grazas a toda a información achegada polas familias, que pouco a ...
Sin categoría
Conto, contiño
Volvemos retomar a nosa presencia na Radio Marquiños con estes pequenos contos do libro Mentiras. Deixámosvos tamén as ilustracións que fixemos de cada un deles. ...
Sin categoría
Coas pilas cargadas
Voltamos do Nadal coas pilas cargadas. Os primeiros días retomamos pouco a pouco a rutina. Pronto vos contaremos que andamos a argallar este trimestre. Polo ...
Sin categoría
Cartas polo Nadal
Coma todos os anos participamos no Plan Proxecta Voluntariado Miúdo! Desta volta descubrimos que hai persoas maiores que teñen que pasar o Nadal soas, ou ...
Sin categoría
Obradoiro de Nadal coas familias
Encántanos ver a aula chea, chea de sorrisos, chea de emocións, chea de vida… Grazas familias por participar sempre!
Sin categoría
Kumi Yamashita
Descubrimos unha nova artista, tamén xaponesa, que crea as súas obras xogando coas luces e sombras. Con materiais de refugallo e cinta creamos as nosas ...
Sin categoría
O xogo: un esencial na nosa aula
O xogo segue a ser o principal motor das nosas aprendizaxes, por iso durante a xornada segue tendo grande presenza. Os espazos están organizados en ...
BIBLIOMARQUIÑOS
Descubrimos o PDI deste curso
O equipo de biblioteca con Marquiños prepararon unha serie de probas para descubrir o título do PDI deste curso. Logo de superar os retos descubrímolo: ...
Sin categoría
Xogando coas mates
Porque ben sabedes que na nosa aula pretendemos que os nenos e as nenas constrúan o concepto do número, das lonxitudes, das cantidades, das comparacións, ...
Sin categoría
Agasallos da natureza
Ás veces a natureza chega á nosa aula en forma de agasallo. Unha compañeira atopou esta fermosa bolboreta morta e quixo compartir con nós a ...
Sin categoría
Primeiras provocacións do curso
Pouco a pouco fomos retomando o día a día da aula, e espertando a nosa creatividade por medio de sinxelas provocacións con materias.
Sin categoría
Conectando dende o verán
Durante o mes de setembro realizamos dinámicas a propostas que conectaron coas lembranzas do verán, para poder volver dun xeito pausado ao día a día ...
Sin categoría
Xa temos instagram
Este curso contamos cunha novidade… Podedes seguir as aventuras do noso cole en instagram: https://instagram.com/ceip_plurilingue_san_marcos?igshid=MzRlODBiNWFlZA==
MANS EN FORMA
Último chanzo
E chegamos ao último chanzo desta etapa de infantil, e nestes primeiros días fomos descubrindo novos espazos, novos materiais, novas rutinas…
DÍAS ESPECIAIS
Visitaao Museo de Belas Artes
Seguindo as pingas azuis de Maribel Pincel fomos descubrindo os segredos que gardan as obras do museo.
MANS EN FORMA
Obradoiro cociña II: guacamole
Desta volta descubrimos o sabor doutros dous produtos traídos de América: o aguacate e o tomate. Preparamos os dous elementos para logo mesturar todo e ...
BIBLIOCREATIVA
Mapas co Ozobot
Nas nosas visitas dos xoves á biblioteca tamén aproveitamos para realizar os retos que Marquiños vai deixando. Desta volta foi a creación da ruta de ...
MANS EN FORMA
Obradoiro de saquiños olorosos
Axudando a desfacer os Maios que xa estaban secos descubrimos que aquelas flores ulían moi ben, pensamos que sería unha pena desaproveitalas polo que as ...
VOLUNTARIADO MIÚDO
Fun ao mercado
Aquí vos deixamos o vídeo que creamos como participantes do Plan Proxecta – Voluntariado miúdo, para participar no Concurso “Cantamos coas mans” da Faxpg.
O LATEXO DIARIO DA AULA VERDE
Novos retos no patio
No último trimestre apareceron materiais novos no patio que nos axudaron a afrontar novos retos e a explorar co noso corpo en movemento de xeito ...
MANS EN FORMA
Obradoiro de chapas
Por segunda vez gozamos dunha experiencia nova na aula de Polos Creativos, desta volta para facer unhas chapas coa máquina. Primeiro deseñamos a nosa chapa ...
VOLUNTARIADO MIÚDO
Cubos sensoriais para ASPACE
Como xa sabedes estamos participando un ano máis no Plan Proxecta Voluntariado miúdo. Unha das entidades coa que colaboramos é ASPACE. Por iso aproveitamos a ...
MANS EN FORMA
Obradoiro con 4°
Este ano puidemos retomar as actividades interniveis, de aí a visita do alumnado de 4° para explicarnos e axudarnos a facer unha postal luminosa.
DÍAS ESPECIAIS
Coidado coa charca!
Durante este trimestre estivemos preparando todo o que implica participar nunhas Xornadas de teatro. Coñecemos a obra que ibamos representar Coidado coa charca!, e comezou ...
MANS EN FORMA
O noso David de Michelangelo
Traballando nos contidos de arte do noso PDI A Idade Moderna, coñecemos a escultura do David de Michelangelo grazas á aportación de Nico e a ...
DÍAS ESPECIAIS
Letras Galegas 2023
Durante esta semana coñecemos a vida e obra de Francisco Fernández del Riego, e incluso reproducimos os seus lentes en cartolina. Para rematar chegou o ...
BIBLIOMARQUIÑOS
Dia do libro
Para festexar o dia do libro saímos ao patio coas nosas e cos nosos amigas e amigos maiores. Léronnos os contos que elixiramos, foi un ...
DÍAS ESPECIAIS
Dia das Artes Galegas
Para conmemorar este dia coñecemos a figura de Martín Códax e unha das súas obras máis importantes para despois reciralas nós.
DÍAS ESPECIAIS
Candeloria
Coñecemos algúns dos paxariños da nosa contorna e gravamos en colaboración co resto do alumnado do centro este vídeo con refráns sobre esta festa.
DÍAS ESPECIAIS
Dia da familia
As nosas familias son un tesouro para a aula, por iso quixemos prepararlle un agasallo para celebrar o Dia da familia. Inspirándonos no conto O ...
DÍAS ESPECIAIS
Maio
Grazas á aportación de flores das familias puidemos crear os nosos propios maios, coñecendo deste xeito a tradicional costume galega de dar a benvida ao ...
DÍGOCHO EU!
Flores silvestres
Coa chegada do mes de Maio e a explosión de cores ao noso redor decidimos coñecer máis aquelas plantas silvestres que nacen na nosa contorna. ...
FAMILIAS
As familias contan IV
Elías, pai de Sara M. No espazo da biblioteca Elías deunos a coñecer a súa profesión dun xeito moi sinxelo. Falamos sobre as telecomunicacións, vimos ...
FAMILIAS
As familias contan III
Yesica, a nai de Sara M. visitounos para falarnos da súa profesión: óptica. Descubrimos as partes do ollo, fixemos xogos coa vista, e descubrimos tamén ...
FAMILIAS
As familias contan II
Laura contanos un conto Visitounos Laura a nai de Sara B. para contarnos o conto de ¡Que jaleo Timoteo!. Moitas risas nos sacou esta historia.
FAMILIAS
As familias contan I
Dende o equipo de biblioteca xurdiu a idea de retomar a actividade de As familias contan. Tivemos a sorte de poder contar na nosa aula ...
MANS EN FORMA
Obradoiro de cociña: boliñas de cacao
Este ano estreamos a nova aula de Polos Creativos facendo unha receita. Un dos alimentos que foi traído de América na Idade Moderna foi o ...
CLUB DE CIENCIA
Club de ciencia IV: Ponte Leonardo
Desta volta no Club de ciencia descubrimos algo máis sobre Leonardo da Vinci. Inventou unha ponte que se contrúe rapidamente e non precisa de grandes ...
DÍAS ESPECIAIS
Aniversarios
Pouco a pouco a parede dos aniversarios vaise enchendo de cor, xa somos moitas e moitos os que durante este curso sopramos as velas e ...
O LATEXO DIARIO DA AULA VERDE
A visita: un escaravello vermello
Como todo canto sucede no dia a dia, existen momentos inesperados e que desvían toda a nosa atención. Foi o que aconteceu cando pola mañá ...
PDI IDADE MODERNA
Leonardo da Vinci
Como xa sabedes este trimestre estivemos investigando sobre os inventos da Idade Moderna. Isto levounos a coñecer a figura de Leonardo da Vinci. Un dia ...
BIBLIOMARQUIÑOS
Mes da poesía
Para celebrar o mes da poesía participamos da proposta conxunta do centro, elaborando marcapáxinas con poemas para que viaxaran por Abegondo. Cun poema datado na ...
BIBLIOMARQUIÑOS
Dia da muller
Ademais da nosa especial homenaxe ás mulleres das nosas vidas, indagamos sobre a vida dunha muller importante da idade moderna: Caroline Herschel. Creamos un pequeno ...
CLUB DE CIENCIA
Club de ciencia III: Makey-makey
Xunto cos compañeiros/as das aulas amarela e laranxa descubrimos que a electricidade pode pasar polos nosos corpos e tamén a través dos alimentos grazas ao ...
DÍAS ESPECIAIS
Os nosos Entroidos
Ademais de coñecer a figura dos choqueiros coñecemos outras representativas de Galicia. Cada unha de nós fascionouse con algunha en especial, por iso debuxamos as ...
DÍAS ESPECIAIS
Entroido choqueiro
Como ben sabedes grazas á vosa colaboración foi posible que os Choqueiros, máscara tradicional de Abegondo conquistaran a rúa.
O LATEXO DIARIO DA AULA VERDE
O latexo diario: o meu corpo no espazo
Son moitos os momentos que nos brindan oportunidades únicas para o movemento, para poñer en relación o noso corpo co dos demais e co espazo. ...
VOLUNTARIADO MIÚDO
A familia
Da man de Afundación, cos membros da Fundación Igual Arte realizamos unha actividade no cole. Primeiro cun contacontos sobre a diversidade familiar, para logo crear ...
BIBLIOMARQUIÑOS
Radio Marquiños: Inventos
Neste trimestre comezaremos a investigar sobre os inventos da Idade Moderna. O primeiro que descubrimos foi da man dun dos retos de Marquiños. Coñecemos o ...
DÍAS ESPECIAIS
Candeloria
Participamos nesta proposta para celebrar o Dia da Candeloria, á vez que coñecemos algúns dos paxaros que podemos atopar na nosa contorna.
DÍAS ESPECIAIS
Navegando pola PAZ
Para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e Paz construímos xunto co alumnado do centro un crebacabezas cos nosos compromisos. O noso foi: “Coidar ...
OUTRA MIRADA
Día da ilustración
Para celebrar o Día da ilustración, coñecemos a figura da pintora María Antonia Dans, nacida en Oza dos Ríos, da man dos nosos amigos e ...
MANS EN FORMA
Faille unha foto II
E chega ao noso blog outra fornada de fotografías das súas creacións libres en diferentes momentos e espazos.
MANS EN FORMA
Invernarte
A chegada do frío e do inverno está a inspirar moitas das nosas propostas artísticas. Árbore de inverno Botamos chorros de témpera de cores frías ...
BIBLIOMARQUIÑOS
Conto, contiño
E volvemos de novo á Radio Marquiños un novo programa, “Conto, contiño”. Neste programa contarémosvos algúns dos contos que máis nos gustan. Desta volta contamos ...
BIBLIOMARQUIÑOS
Club de ciencia II: imáns e electricidade estática
Na nosa segunda sesión do Club de ciencia exploramos con diferentes elementos. Por unha banda con diferentes imáns e materiais para observar se se atraían ...
INSTALACIÓNS ARTÍSTICAS
Instalación artística de Nadal
Como viñemos facendo no pasado curso continuamos coa realización de instalacións artísticas. Desta volta realizamos unha instalación con temática do Nadal, onde por medio de ...
DÍAS ESPECIAIS
Cine de Nadal
Para rematar o dia todo o alumnado de infantil tivo unha sesión de cine de Nadal con pipocas. Foi un trimestre cheo de aventuras!
DÍAS ESPECIAIS
Festival de Nadal e Badaladas
Este ano decidimos felicitar o Nadal en diferentes linguas. O alumnado da aula lila felicitou en galego, o da vermella en ucraniano, o da laranxa ...
DÍAS ESPECIAIS
I Carreira Solidaria San Silvestre
Moitas grazas ás familia que vos animastes a correr coas vosas fillas e fillos, ás que non puideron estar agardamos seguir repetindo o vindeiro ano ...
DÍAS ESPECIAIS
Visita do Apalpador
O luns recibimos a esperada visita do Apalpador. Entregámoslle as nosas cartas e comemos unhas castañas que nos deu. Nas nosas cartas pedimos agasallos para ...
MANS EN FORMA
Facemos neve
Para irnos preparando para a chegada do inverno hoxe fixemos neve! Con bicarbonato de sodio e auga, moi sinxelo! Logo tocou amasar, tirar, premer, xogar… ...
O LATEXO DIARIO DA AULA VERDE
Kiwano
Esta semana puxemos os nosos sentidos a funcionar. Á nosa aula chegou algo ben raro… Observamos unha parte pequena desta cousa misteriosa e fomos dicindo ...
DÍAS ESPECIAIS
Obradoiro de Nadal
Por segunda vez recibimos ás familias na aula para realizar un obradoiro de Nadal. Moitas grazas pola vosa colaboración e axuda. Fainos inmensamente felices poder ...















































