Modificación recollida do alumnado na saída 16.30 horas

As familias accederán ó centro pola porta corredeira que hai na esquina do patio grande (pista). Esta porta será de entrada e saída do centro só para ditas recollidas, NON está permitido o tránsito polo interior do edificio.

O alumnado de Educación Infantil agardarase na rampa de acceso ó edificio de infantil.
O alumnado de Educación Primaria agardarase no patio cuberto, ocuparase só unha parte deste.
O alumnado usuario de transporte empregará a saída principal acompañado polo profesorado.
PRÉGASE puntualidade e SAÍDA do recinto unha vez recollido o alumnado para favorecer ó resto de familias.