Estimadas familias,
Remitimos no día de hoxe resolución definitiva da convocatoria de NEAE 2023/24 para que os alumnos/as poidan presentar recurso de reposición.
Do mesmo xeito, remitimos modelo de impreso recurso de reposición por se o podedes facilitar a quen o precise e o solicite.
Devandito recurso debe presentarse segundo se indica a continuación:
Imprima os documentos que lle remitimos, leaos con atención , cúbraos e xunto con toda a documentación que considere necesaria ou que lle requiren presenteos a través de:
Xeito presencial:
- REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
- REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
- REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
- CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)
Xeito telemático:
- No seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/portada (ten que estar autorizado: CHAVE 365)
DESTINATARIO:
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS.SECCION DE BOLSAS
Rúa Vicente Ferrer, 2
15071 A CORUÑA
PARA CALQUERA DÚBIDA QUE LLE XURDA, COMUNICAMOSLLE QUE O NOSO HORARIO DE ATENCION AO PÚBLICO E DE 9 a 14 HORAS E DE LUNS A VENRES, A TRAVES DE:
| Correo Electrónico | bolsas.ed.co@xunta.gal |
| Teléfonos | Os que figuran ao pé deste correo |
- ADVERTIMOS QUE OS RECURSOS REMITIDOS A TRAVES DO CORREO ELECTRÓNICO NON SON VÁLIDOS.
- O PRAZO DE PRESENTACION E ATA O 10 DE MAIO DE 2024.
- XA SE LLES NOTIFICOU AOS SOLICITANTES, DE XEITO INDIVIDUAL, A RESOLUCIÓN.
