Carreira Enki


Esta actividade, promovida pola Fundación Enki, ten coma obxectivo promover a inclusión e visibilidade de persoas e colectivos con diversidade funcional, así coma o respecto e a educación na diversidade.

Debido ás alturas do curso nas que nos chegaron os materiais optouse por incluír a mesma na actividade final do PDI. Iso motivou que non fora unha carreira xa que non contabamos co espazo suficiente, polo que optouse por engadir actividades relacionadas coa temática.

O alumnado de Educación Infantil recreou dun xeito lúdico como sería un lanzamento de xavelina por unha persoa cega.

E o alumnado de Educación Primaria experimentou como sería a colaboración entre unha persoa cega con mobilidade e unha persoa sen mobilidade pero si con sentido da vista para a realización dun percorrido determinado.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *