Día das Letras Galegas


Despois de ter que adiar a celebración por mor da previsión meteorolóxica, o luns 20 celebramos esta conmemoración.

Pode resultar un pouco chocante relacionar “letras” e actividade física, pero é que o equipo do Proxecto de Vida Activa e Deportiva colaborou co Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparando dous bailes dada a traxectoria musical de Luísa Villalta, a autora homenaxeada este ano.

O primeiro deles foi unha muiñeira “moderna” empregando o tema “Tataravoa” de Fillas de Cassandra. O segundo un baile “rumbeiro” usando a peza “Cruel filosofía”, unha peza da Banda da Loba que musica un poema de Luísa Villalta.

Xa para rematar, como contamos coa colaboración de familiares de alumnado que tocaron pezas empregando instrumentos tradicionais, algo máis de baile espontáneo houbo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *