Comezamos a Semana das Rodas


Como xa ven sendo algo case convertido en tradición, hoxe comezamos con esa semana na que o alumnado de Educación Primaria pode traer ao centro elementos con rodas (sempre que non funcionen con motores) para xogar con eles no recreo da mañá.

Os únicos requisitos? Respectar as normas de seguridade e, nos elementos dos que podamos caer, empregar casco obrigatoriamente.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *