O voleibol conquista parte do patio


Por petición do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, despois de ter traballado este deporte en clase de Educación Física, instalouse unha rede de voleibol no patio.

A pesar da complexidade técnica deste deporte está a ter moi boa acollida entre o alumnado. E non só de 5º e 6º, xa que resulta bastante habitual que xogue o de 4º.

A este paso, coa futura remodelación do patio, haberá que pedir que se instalen uns postes “de verdade” xa que na actualidade a rede está collida a uns puntos fixos que non permiten unha correcta regulación da altura.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *