Novos materiais para o programa “Recreos Activos”


Durante o primeiro trimestre púxose en marcha o programa Recreos Activos, unha fórmula que busca incrementar a práctica de actividade física do alumnado de Educación Primaria durante estes tempos de lecer.

Así, cada ciclo conta cunha caixa con diversos materiais de xogo e deportivos adaptados ás súas idades e que son empregados tanto nos recreos de media mañá coma nos de comedor.

Ata o momento esta iniciativa está a ser moi frutífera, e resulta moi doado comparar o nivel de actividade física que había no comezo do curso co que existe actualmente.

Coa incorporación de novos materiais preténdese cubrir máis intereses así coma introducir materiais que supoñan unha novidade e que, polo tanto, se continúe a favorecer que o alumnado xogue e se mova durante os recreos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *