II CARREIRA SAN SILVESTRE


A modo de despedida do ano, igual ca o curso anterior, volvemos realizar esta actividade.

Esta edición volveu ter un carácter solidario. Baixo o lema “Un xoguete, un dorsal” os xoguetes recollidos tiveron coma destinatarios entidades benéficas.

Resulta moi destacable o clima festivo e lúdico que se viviu durante a súa celebración, tal e como se pode apreciar nas seguintes imaxes.

Agardamos repetir para o ano que ven!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *