Que mellor forma de rematar o ano que celebrando a primeira edición da San Silvestre Solidaria C.E.I.P Plurilingüe San Marcos. En ela tanto pequenos como maiores pasárono en grande, facendo un percorrido o redor do colexio no que tamén participaron as familias. O día comezou coa entrega de dorsais, para a cal era necesario doar algún alimento ou articulo de hixiene para doar a través dos servicios socias do concello de Abegondo, a continuación realizáronse as diferentes carreiras por ciclos e para rematar fíxose entrega de un diploma a todos os participantes.


