A semana pasada coa axuda dos compañeiros e compañeiras do Plan Proxecta “Donas de Si” realizamos unha actividade sobre o Rugby na que as alumnas e alumnos debían facer un debuxo de xogadores e xogadores de rugby para despois reflexionar sobre os mesmos: por que se asocia mais cos homes este deporte, porque a maioría debuxa homes, por que teñen mais visibilidade… e destacar o papel da muller deporte. Finalmente esperábamos a visita dunha xogadora do C.R.A.T Coruña que non nos puido acompañar por mor dunha lesión pese a todo pasámolo moi ben xogando e aprendendo un pouco máis sobre Rugby.





