Ante a instrucción que vimos de recibir por parte do “Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud” e escoitadas as autoridades sanitarias:
“-O uso de máscara en interiores continúa a ser obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos (e recomendable para maiores de 3 anos) salvo aquelas casuísticas previstas na normativa
-O uso de máscaras en espazos ao aire libre será obrigatorio naqueles casos específicos nos que se organicen eventos multitudinarios nos que os asistentes estean de pé, ou se están sentados e non se poda manter unha distancia de seguridade de cando menos 1,5 metros entre persoas
Viríamos a dicir que se recomenda o uso da máscara nos recreos e sobre todo en aqueles alumnos que estén SEN VACUNAR.”
O equipo covid deste centro recomenda seguir a utilizar a máscara na hora do recreo ante a imposibilidade de garantir que se cumpra en todo momento a distancia de seguridade e ata recibir novas e mais precisas normas.