Resolución definitiva da convocatoria de NEAE 2023/24

Estimadas familias,

Remitimos no día de hoxe resolución definitiva da convocatoria de NEAE 2023/24 para que os alumnos/as poidan presentar recurso de reposición.

Do mesmo xeito, remitimos modelo de impreso recurso de reposición por se o podedes facilitar a quen o precise e o solicite.

Devandito recurso debe presentarse segundo se indica a continuación:
 

Imprima os documentos que lle remitimos, leaos con atención , cúbraos e xunto con toda a documentación que considere necesaria ou que lle requiren presenteos a través de:

Xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN
  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)

Xeito telemático:

DESTINATARIO:

CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACION, FP E UNIVERSIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE APOIO AOS SERVIZOS EDUCATIVOS.SECCION DE BOLSAS

Rúa Vicente Ferrer, 2

15071 A CORUÑA

PARA CALQUERA DÚBIDA QUE LLE XURDA, COMUNICAMOSLLE QUE O NOSO HORARIO DE ATENCION AO PÚBLICO E DE 9 a 14 HORAS E DE LUNS A VENRES, A TRAVES DE:

Correo Electrónicobolsas.ed.co@xunta.gal
TeléfonosOs que figuran ao pé deste correo
  • ADVERTIMOS QUE OS RECURSOS REMITIDOS A TRAVES DO CORREO ELECTRÓNICO NON SON VÁLIDOS.
  • O PRAZO DE PRESENTACION E ATA O 10 DE MAIO DE 2024.
  • XA SE LLES NOTIFICOU AOS SOLICITANTES, DE XEITO INDIVIDUAL, A RESOLUCIÓN.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *