O martes o Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, convidounos a unha recepción xunto con outros centros para felicitarnos polo premio de boas prácticas concedido polo Ministerio. Neste acto, onde se explicou en breves liñas o proxecto presentado, púxose en valor a importancia da labor docente. Así mesmo, o propio Delegado, en nome da Ministra de Educación felicitou a toda a comunidade educativa do centro por este recoñecemento.
Deixamos enlace á nova https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2022/03/09/colegio-san-marcos-reconocido-buenas-63601645.html e ao chío da Delegación do Goberno https://twitter.com/DelGobGalicia/status/1501226241021526019