A Consellería de Sanidade, seguindo a súa estratexia de traballo para a optimización da xestión da pandemia, implementa un sistema de detección do SARS-CoV-2 no ámbito educativo de primaria proporcionando tests de antíxeno en saliva que os/as alumnos/as poderán realizar no seu domicilio.
Ámbito de aplicación
Alumnado do ámbito da educación primaria pública e privada da Comunidade Autónoma de Galicia que voluntariamente desexe realizar a proba diagnóstica da COVID-19 tras a detección dun caso esporádico de COVID-19 entre a súa rede de contactos máis próximos e que cumpra os seguintes requisitos:
• Non atoparse en situación de illamento por ser caso confirmado de COVID-19.
• Non atoparse en situación de corentena por ser contacto estreito dun caso confirmado.
• Non ter padecido COVID-19 nos 3 meses previos.