Listaxes de admisións para o próximo curso académico 2024/25

Estimadas familias, queremos informarvos que xa están dispoñibles para a súa consulta as listaxes de alumnos e alumnas admitidos para o próximo curso académico 2024-2025. 

Seguindo as directrices establecidas no Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, que regula a admisión do alumnado, así como o estipulado na Orde do 21 de outubro de 2022 que desenvolve o mencionado Decreto, procedemos a publicar estas listaxes.

As listaxes están expostas na cristaleira interior do noso centro. Convidamos ás familias interesadas a consultalas para verificar a admisión dos seus fillos e fillas para o ano escolar vindeiro.

Para calquera consulta ou aclaración adicional, non dubiden en poñerse en contacto coa secretaría do centro.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *