Estimadas familias, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) intentamos poñer en valor tradicións que aínda se conservan nalgúns lugares de Galicia e que foron outrora máis populares. Por isto, convidámosvos, un curso máis, a participar no tallado de cabazas.
Recibiremos as cabazas talladas o luns 27 de outubro e quedarán expostas ata o xoves 30. As familias poderedes visitar a exposición ese luns de 16:30 a 17:30. As cabazas que se queiran recoller, levaranse o xoves 30 a partir das16:30.
Como as cabazas que non se recollan deberán ir ao lixo orgánico, convidámosvos a que os adornos que queirades poñer sexan de orixe natural (follas, paus, froitos secos…) e sen pintura.
Organizaremos un concurso. As cabazas que queiran participar deberá estar baleiradas, talladas e só decoradas con elementos naturais. Terase en conta o emprego de simboloxía galega.

Grazas pola vosa participación.

