O vindeiro xoves día 8 comenzará a actividade lectiva.
Horario SETEMBRO
9:45 – 15:30 (agás os que non fagan uso do comedor escolar que terán que ser recollidos no centro as 14:15 horas)
Luns 15:30 – 16:30 (lembrade que esta é unha hora a maiores)
E.I.sairá ás 15:25h
E.P. sairá ás 15:30
O sistema das entradas e saídas manterase como estes dous últimos anos coa salvedade de que o alumnado non transportado pode entrar no centro a medida que vaia chegando (NON ten que esperar a que teñan chegado todos os buses). As familias deixarán aos seus fillos/as no inicio da beirarúa para que accedan sós ao centro.
O alumnado que precise estar no centro antes das 9:35h terá que facer uso do servizo de madrugadores xestionado polo concello. Na saída tamén esperarán ao final da beirarúa a onde serán acompañados polo mestre ou mestra que lle corresponda.
Colaboración comedor: animamos a todos os membros da comunidade educativa a colaborar no coidado de comedor. Lembramos que non é preciso ser nai/pai de alumno/a, pode anotarse calquera membro da familia ou familias que nalgún momento tiveran colaborado ainda que xa non teñan aos fillos no centro.