Carreira Solidaria Nadal

Estimadas familias, 

O xoves 18 ás 15.00 horas, realizaremos a Carreira Solidaria de Nadal, este curso organizada polo alumnado de 6º de Educación Primaria. 

O dorsal cambiarase por un alimento non perecedeiro, producto de limpeza e/ou hixiene, ou xoguete que o alumnado xa pode achegar dende hoxe. A recollida desenvólvese en coordinación co Concello de Abegondo e a ONG Equus Zebra

As familias que queirades participar na carreira teredes que trasladalo ó profesorado titor. 

Grazas

Un saúdo