Benvida ao novo curso escolar e reunións iniciais coas familias

Prezadas familias do noso centro.
En primeiro momento, dende o novo equipo directivo e claustro de profesorado gustaríanos darvos a benvida a este novo curso escolar que está a comezar.
Compartimos con vós as datas para as reunións iniciais:

Venres 4 de setembro:
4º educación infantil. Aulas laranxa e amarela (11:00h)
5º educación infantil. Aulas lila e vermella (12:00h)
6º educación infantil. Aulas azul e verde (13:00 h)

Luns 7 de setembro:
1º A, 1ºB, 2ºA, 4ºA e 4ºB de educación primaria (12:00h)
2ºB, 5ºA, 5ºB, 6ºA e 6ºB educación primaria (13:00h)

Martes 8 de setembro:
3º educación primaria (12:00h)

Un saúdo cordial.
O equipo directivo.