O pasado día 30 de novembro de 2021 celebrouse unha Asamblea á que estaban convocados os socios e socias do Banco de Libros de Abegondo. Expúxose a situación económica actual, as previsións para os próximos cursos e as incidencias detectadas.
Asisten á reunión: 1 representante do Concello, 1 representante da Directiva da ANPA do CEIP San Marcos, 5 representantes da Directiva da ANPA do IES de Vios e 1 representante da Librería O Bieiteiro. Algúns destes representantes son ademais usuarios do Banco de Libros polo que se contabilizan 29 socios/socias.
Tras analizar e debater as situacións detectadas acádanse os seguintes acordos:
1.-COTAS DE MANTENEMENTO
Considérase oportuno establecer unha cota diferenciada para os socios e socias do Banco de Libros que reciben libros de Bacharelato de maneira que esta sexa 20 euros superior á da ESO e Primaria.
Non se ve oportuno diferenciar as cotas de ESO e Primaria.
2.-COTA PARA ESTE CURSO
Para o presente curso 2021-2022, establéncese as seguintes cotas:
- SOCIOS/AS DE PRIMARIA: 10 euros por socio/a
- SOCIOS/AS DA ESO: 10 euros por socio/a
- SOCIOS/AS DE BACHARELATO: 30 euros por socio/a
Datos de ingreso:
- Número de conta (ABANCA): ES60 2080 0044 4830 4001 3627
- Concepto: nome e apelidos do alumno/a seguido do centro educativo no que estuda (CEIP San Marcos, IES de Vios, IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar)
- Prazo: 1 mes
3.-COLABORACIÓN ECONÓMICA
Nos vindeiros cursos seguiremos solicitando colaboración económica ao Concello de Abegondo.
4.-GASTOS EXTRAORDINARIOS
No caso de que nun curso se faga necesario asumir un gasto extraordinario (cambio no listado de libros, adquisición de libros para novas materias…) as directivas das ANPAs
convovarán unha Asamblea na que se solicitará unha aportación extraordinaria aos socios e socias, independente da cota de alta e mantenemento.
5.-PAQUETES DE LIBROS DE BACHARELATO
Seguiranse prestando paquetes completos de libros en Bacharelato, incluídas as optativas.
6.-CUSTODIA DOS LIBROS
Mantense a esixencia de que o alumno/a debe custodiar e coidar os libros. En caso de perda de un ou máis libros debe repoñerse o libro ou libros ou abonar o seu custo.
7.-COTAS DE ALTA
Mantense a cota de alta que deben pagar os socios no primeiro curso que reciben libros do Banco de Libros de Abegondo en 25 euros por alumno.
No caso de alumnos de Bacharelato a condición de socio adquírese se:
- Foi socio do Banco de Libros como mínimo nos últimos 4 cursos (ESO).
- Paga unha cota de alta de 100 euros (por alumno). No caso de novos socios de Bacharelato non se aplicará a cota de 25 euros.
Estas novas condicións aplicaranse a partir do curso 2022-2023.
8.-CASOS EXTRAORDINARIOS
No caso de que durante o curso se detecte un caso puntual debido a unha situación particular dun socio/a que se considera improbable que se repitan, as directivas decidirán a forma máis oportuna de actuar nese caso puntual
Despedímonos dando as grazas a todos os socios e socias polas súas aportacións.
Tamén agradecemos a insetimable colaboración do Concello de Abegondo, a Librería O Bieiteiro e ao persoal docente e non docente dos centros educativos que nos axudan na labor da xestión do Banco de Libros.
Quedamos á vosa disposición para aclarar calquera dúbida que poida xurdir.
As Directivas das ANPAs do CEIP San Marcos e do IES de Viós