Desde hoxe ata o día 20 de marzo permanece aberto o prazo para que as familias soliciten praza escolar para o vindeiro curso escolar 2026-27 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Unha vez pechado o prazo de solicitudes
- As listaxes provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 27 de abril
- As listaxes definitivas o 15 de maio
- Prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

