Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

OLIMPÍADAS SAN MARCOS, ABEGONDO 2024

Hoxe celebramos no CEIP Plurilingüe San Marcos as nosas Olimpíadas 2024.

Con esta actividade concluímos o noso Proxecto Documental Integrado (PDI) despois dun curso traballando arreo sobre os deportes olímpicos.

Cada aula adaptou un dos deportes que investigou ao longo do curso para que os outros grupos poidan coñecelos e practicalos.

Fixemos tres categorías: Educación Infantil, 1º-2º-3º de Educación Primaria e 4º-5º-6º de Educación Primaria. Por mor da climatoloxía desta semana tivemos que adaptar os espazos, pero a entrega de diplomas e medallas aos deportistas fixémola todos xuntos no patio cuberto.

Cada aula levou un diploma polo seu esforzo, compromiso e xogo limpo. Así como cada deportista unha medalla de número 1.

No seguinte vídeo podedes ver unha mostra do ven que o pasamos.

Esperamos que desfrutarades deste PDI tanto como nos e vémonos en setembro con máis aventuras!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo