Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS CONTAN. EDUARDO E JULIO, AVÓ E PAI DE LEILA

Hoxe o alumnado de 4ºB tivo unha visita un tanto especial na clase de Ciencias Sociais xa que contamos coa presenza de Eduardo e Julio, avó e pai de Leila, respectivamente. Non viñeron contarnos anécdotas dela nin como se portaba de pequena, senón que o fixeron en calidade de persoa que viviu durante a ditadura franquista (Eduardo) e de licenciado en Historia (Julio).

E por que se lles convidou a visitarnos? Pois a razón non é outra que o grande interese que espertou entre o alumnado a temática da Guerra Civil, a posterior ditadura e a transición.

Eduardo narrou diversas vivencias e respondeu á curiosidade do alumnado, e Julio explicounos dende a súa vertente de historiador as causas e consecuencias derivadas deste periodo histórico non tan lonxano.

Estamos moi agradecidos pola súa visita e por querer compartir os seus coñecementos e vivencias con nós.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo