Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

GALA FINAL “CÓNTAME UN CONTO”

Como remate final ao proxecto Cóntame un conto, acudimos á Gala final que tivo lugar no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Foi todo un pracer ver o traballo dun curso reflectido na grande pantalla do auditorio e compartir con outros moitos nenos e nenas chegados de diferentes puntos de Galicia, unha mañá chea de contos, música e tradición.

Este curso, co noso traballo, contribuímos a que a cadea do conto tradicional non rache, fomos herdeiras e herdeiros dos contos das avoas e dos avós, e puxémolos nas nosas gorxas para amosalos ao mundo e que non queden no esquecemento.

A nosa xornada rematou visitando outro lugar, onde se garda e custodia parte importante das publicacións e literatura na nosa lingua: a Biblioteca e Arquivo de Galicia situado na Cidade da Cultura. 

Da man de varios membros do equipo da Biblioteca e Arquivo de Galicia encabezado por Noelia Bascuas (Xefa de servizo) e Cristina Rubal (Subdirectora xeral), visitamos o inmenso espazo da biblioteca e os arquivos, e descubrimos os segredos do coidado de pezas literarias únicas.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo