Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou a cabo os seguintes obradoiros.

As aulas lila e vermella crearon coas súas propias mans hoteis para bechos e casas de morcegos.

As aulas laranxa e amarela coñeceron máis sobre as árbores da nosa contorna e estamparon follas en bolsas de tea.

A aula verde centrouse nas pegadas dos animais da contorna, onde investigaron moito sobre eles e a súa forma.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo

SEMANA SOBRE RODAS 2024

Como xa ven sendo algo case convertido en tradición, a semana pasada celebramos a semana sobre rodas, na que o alumnado de Educación Primaria pode