Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo de Paisaxe e Sustentabilidade este gran mural. No que representamos a importancia do coidado do noso planeta.

Hai cinco planetas como cinco aros olímpicos e un texto: “Máis limpo, máis sostible, máis habitable”, inspirado no lema olímpico: “Máis rápido, máis alto, máis forte”.

Ademais, para traballar o coidado do medio natural, o luns 3 de xuño, o alumnado de 2º curso puido pasar un día moi bonito grazas aos nosos amigos da Reserva da Biosfera onde foron dende o Seixo Branco ata o porto de Dexo e todo cunhas vistas fermosísimas cara Coruña.

Foi unha saída moi didáctica e divertida. 

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

SEMANA SOBRE RODAS 2024

Como xa ven sendo algo case convertido en tradición, a semana pasada celebramos a semana sobre rodas, na que o alumnado de Educación Primaria pode