Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

SEMANA SOBRE RODAS 2024

Como xa ven sendo algo case convertido en tradición, a semana pasada celebramos a semana sobre rodas, na que o alumnado de Educación Primaria pode traer ao centro elementos con rodas (sempre que non funcionen con motores) para xogar con eles no recreo da mañá.

Con esta actividade ademais de promover a actividade física tamén concienciamos aos nenos e nenas sobre o uso de medios de transporte sostibles e menos contaminantes.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo