Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

VISITA DE LETICIA BARBADILLO

Onte, o Club de Lectura “A nosa propia historia”, tivo o gran pracer de contar coa visita da autora do libro “A botella de lentellas”, Leticia Barbadillo.

Aproveitamos para consultar e dialogar con ela todas as inquietudes surxidas tras a lectura da súa novela.

Tamén para lerlle as nosas propias historias de lentellas e amosarlle todo o feito durante este curso ao redor da obra.

Ademais, contounos cousas moi interesantes sobre o proceso creativo e a inspiración da súa novela.

Grazas por compartir con nos esta xornada que foi unha gran experiencia! Estamos moi felices e emocionad@s!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo