Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

DESEÑO DAS MEDALLAS OLÍMPICAS SAN MARCOS 2024

Dende o Equipo de Plan Proxecta de Paisaxe e Sustentabilidade propoñemos elaborar medallas olímpicas con material de refugallo para a xornada olímpica de fin de curso. Para esta tarefa, pedimos a colaboración das familias e do profesorado.

DENDE A CASA (do 3 ao 7 de xuño):
Os nenos e nenas deberán traer ao colexio envases circulares perforados e cun lazo ou cinta longa xa metida polo burato feito. A modo de medalla.
Exemplos: tapas de xeado, tapas de marmelada, cartón…

NO COLEXIO (do 10 ao 14 de xuño):
O alumnado decorará coa axuda do profesorado as medallas. Pensamos que todas deben indicar o número 1 para non facer comparativas e valorar a participación en primeira instancia. O primeiro debuxo sería un deseño estándar que logo cada neno/a deberá adaptar ao diámetro da súa medalla e poderá decoralo como queira. O decorado pegárase na medalla, a ser posible con pegamento, e realizarase nun folio. Exemplos:

O venres 14 de xuño, o Equipo de Paisaxe irá por todas as aulas recollendo as medallas.


O día das olimpíadas, cada neno/a collerá dunha caixa a medalla que lle toque ensinándolles que o importante é o valor simbólico da mesma e non o obxecto.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo