Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CLUB DE LECTURA “A POR TODAS CLUB”

No Club de Lectura de Banda Deseñada “A por todas Club” neste curso centrámonos no libro “Nerea e a invasión dos trastos”.

Unha das actividades foi crear unha banda deseñada por grupos e despois preparamos un taboleiro grande con actividades alternativas ás pantallas e evitar “a invasión dos trastos”. Ademais, realizouse un estudo en todo primaria sobre o reparto das tarefas no fogar.

Moi interesantes os resultados!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo