Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

SEMANA DO LIBRO 2024

Este ano celebramos no CEIP Plurilingüe San Marcos a Semana do Libro. Durante a cal levamos a cabo diferentes actividades conxuntas e a nivel aula.

O propio Día do Libro, 23 de abril, fixemos o noso tradicional “Ao aire, libro!” que consiste no apadriñamento/amadriñamento lector conxunto no patio ao aire libre.

Ao longo da semana o alumnado de Educación Primaria desfrutou da actividade “Cita a cegas” na que cada neno/a tiña asignado un compañeiro/a en segredo ao que prestar un libro, pero coa portada e contraportada forradas con periódico para non desvelar título e autor. Finalizada a semana, e tras a lectura do mesmo, descubriron o seu “amigo invisible” e o título do libro. Foi unha actividade que lles motivou moito, sobre todo, polo feito de ter que buscar un libro segundo as preferencias dos seus amigos/as.

Mentres tanto, en Educación Infantil, tras a lectura de contos de Eric Carle, creamos con material de refugallo personaxes inspirados nas súas obras. Saíron animais verdadeiramente sorprendentes. Os nosos pequechos/as son uns grandes artistas!

Por último, para cerrar esta gran semana, hoxe venres 26, levamos a cabo un Maratón de lectura, ao longo de toda a xornada atopamos algunha aula lendo en Biblio Marquiños. Grabamos todo o día e creamos o noso “Timelapse” de lectura.

Un resumo de todo o acontecido podédelo ver no seguinte vídeo.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo

SEMANA SOBRE RODAS 2024

Como xa ven sendo algo case convertido en tradición, a semana pasada celebramos a semana sobre rodas, na que o alumnado de Educación Primaria pode