Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS CONTAN. CAYETANA E JUAN, A IRMÁ E PAI DE ADARA.

Hoxe visitáronnos Cayetana e Juan, a irmá e pai de Adara, respectivamente. Contáronnos como é a vida na súa gandaría, dende as orixes da mesma. 

Ademais explicaron como foi mudando e avanzando a xestión das explotacións gandeiras co paso do tempo. Pasamos de cortes pequenas nas plantas baixas das casas con poucas vacas a grandes gandarías con centos de animais dentro, nas que todo o proceso está coidado ao milímetro e coa mellor tecnoloxía en funcionamento para facilitar os traballos.

Soubemos con esta visita ademais o que comen as vacas, onde dormen, como se muxen, onde se garda o leite ata a súa recollida… 

Puidemos coñecer toda esta información grazas aos vídeos explicativos feitos por eles mesmos e Adara, nos que se detallaba todo o proceso de coidado da vacas e de produción do leite. 

Moitas grazas familia por abrirnos as portas da vosa gandaría e ensinarnos tanto.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo