Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CLUB DE LINGUA GALEGA

Ao longo deste curso, o alumnado de 6º de Educación Primaria que participa no Club de Lingua Galega, levou a cabo diferentes actividades que teñen como obxectivos: concienciar ao alumnado galego falante do seu bilingüismo e empoderar ao nenos/as galego falantes.

Algunhas das actividades realizadas son:

-Actividades de investigación: enquisas sobre o uso do galego para posterior debate e difusión; cantas linguas se falan no mundo?; canto galego pensamos que sabemos e canto sabemos realmente? …
-Actividades de reflexión e debate a partir de noticias de prensa, vídeos, enunciados…
-Creación de campañas de animación ao uso do galego.

-Preparación do manifesto para a Semana das Letras Galegas.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo