Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

VISITA DOS MAIORES DO CONCELLO DE ABEGONDO

No marco do Plan Proxecta Cóntame un conto, visitáronnos un grupo de persoas maiores do noso Concello. 

Contáronnos moitas vivencias, contos e ata cantigas. Puidemos compartir unha xornada diferente, e rematar entre petiscos conversando dun xeito máis distendido coas persoas que nos visitaron.

Foi un pracer recibilos, e o alumnado de 4° e 5° quedou moi contento coa visita e todo o que puideron escoitar destas persoas cheas de vida para contar.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo