Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

PUNTO LIMPO MÓBIL

Grazas ao Consorcio As Mariñas contamos durante este mes de abril dun punto limpo móbil no que poder reciclar moitas cousas que teñamos na nosa casa e que non se poden verter nos contedores habituais (verde, azul, amarelo e marrón).

Aprendemos como funcionan os puntos limpos móbiles e que tipo de refugallo podemos tirar neles dunha forma práctica e vivencial. Cada neno e nena vai traendo da casa aqueles produtos como pilas, bombillas, CD, aerosois, etc.; que logo tiramos neste punto limpo.

Grazas por colaborar con nós!

O MUNDO DOS NOSOS BECHOS

Nas aulas amarela e verde están a realizar un mini-proxecto sobre insectos e bechos, en xeral. Culminará dito proxecto coa saída de fin de curso

INSTALACIÓN ARTÍSTICA DA NATUREZA

Aproveitando os elementos naturais desta época do ano e materiais de refugallo que temos polo centro os docentes de Educación Infantil crearon esta instalación artística

REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR

O equipo de Paisaxe e Sustentabilidade continua coas actividades que permiten o coidado do Medio Ambiente dunha forma lúdica. Tratando de xerar conciencia no noso