Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS CONTAN. CATIA, NAI DE CANDELA.

Hoxe tivemos a visita de Catia, a nai de Candela da clase Laranxa. Ela é científica e notase que o desfruta porque llo transmite moi ben a súa filla. As dúas fixéronnos unha demostración dunha reacción química moi impresionante que nos encantou.

Logo, entre todos e todas puidemos reproducila de novo. Creando un volcán con lava a partir de auga, bicarbonato, ácido cítrico e colorante.

Tamén nos deixou na aula para xogar elementos que permiten crear moléculas a través de átomos e enlaces. Os nenos e nenas da clase laranxa gozaron moito da visita.

Moitas grazas Catia, volve cando queiras!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo