Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS CONTAN. ÁNGELA, NAI DE VALENTINA.

Hoxe visitounos Ángela novamente, a nai de Valentina para contarnos unha experiencia máxica na natureza.

Falounos do Mar de Ardora, tamén coñecido como ardentía, e amosounos fotografías e vídeos deste fenómeno. 

É un fenómeno luminoso no que a superficie da auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul, isto ocorre debido á presenza de microorganismos luminiscentes, unha especie de microalgas que reaccionan ao movemento emitindo luz.

Este fenómeno pode verse nos meses de máis calor. Carnota, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Dumbría ou Muxía son algúns dos lugares onde se puido gozar deste espectáculo o pasado verán.

Ángela anímanos a facer un pícnic na praia, agardar a que chegue a noite e gozar de espectáculo!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo