Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS CONTAN. AVOA E BISAVOA DE SARA V.

Visitáronnos a avoa e a bisavoa de Sara Vázquez. A bisavoa, Socorro Barbeito, foi unha das xogadoras pioneiras do equipo feminino de Crendes. A pesar de que non tiñan equipación propia e de que había a quen non lle parecía ben que as mulleres xogaran ou incluso quen se ría delas, coa súa valentía e coa súa coraxe crearon un capítulo importante da historia de Abegondo.

Puidemos ver imaxes antigas dos anos 60 do equipo feminino e tamén algúns dos recoñecementos que lle fixeron a Socorro e ás súas compañeiras nos últimos anos dende as institucións públicas.

Grazas por achegarnos este cachiño de historia, e a importancia de facer sempre o que nos faga felices a pesar das adversidades.

Na súa bisneta ten agora un bo relevo xeracional. Grazas por abrir camiño.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo