Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

O MUNDO DOS NOSOS BECHOS

Nas aulas amarela e verde están a realizar un mini-proxecto sobre insectos e bechos, en xeral. Culminará dito proxecto coa saída de fin de curso de Educación Infantil ao Enredo do Abelleiro, onde coñecerán a casa das abellas.

Comezaron investigando na biblioteca a través de libros sobre insectos e demais bechiños do noso ecosistema terrestre. Continuaron co coidado de caracois na aula, grazas a aportación dunha familia e tamén doutros insectos que atopamos polo centro para observalos grazas as lupas que facilitaron outras familias.

Sempre respectando o seu hábitat e tratándoos con coidado e agarimo.

Aquí podes ver algunha foto dos caracois e como traballaron as súas partes en Inglés coa auxiliar de conversa, Joy. Así como, observar un panel de abellas.

PUNTO LIMPO MÓBIL

Grazas ao Consorcio As Mariñas contamos durante este mes de abril dun punto limpo móbil no que poder reciclar moitas cousas que teñamos na nosa

INSTALACIÓN ARTÍSTICA DA NATUREZA

Aproveitando os elementos naturais desta época do ano e materiais de refugallo que temos polo centro os docentes de Educación Infantil crearon esta instalación artística

REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR

O equipo de Paisaxe e Sustentabilidade continua coas actividades que permiten o coidado do Medio Ambiente dunha forma lúdica. Tratando de xerar conciencia no noso