Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

VISITÁRONNOS DESDE ASPADISOL

Para rematar este segundo trimestre, en colaboración co equipo de Voluntariado Miúdo! e a asociación ASPADISOL, organizamos unha visita dos membros de ASPADISOL ao alumnado de Educación Infantil.

Pasamos unha xornada moi divertida e emotiva na que grandes e pequenos compartimos diversas estacións de xogos: fútbol a dous balóns no patio, circuíto motriz na aula de psicomotricidade e carreiras de relevos no corredor do edificio de Educación Infantil. Despois, tamén compartimos o momento da merenda e xogamos todos xuntos no patio.

Unha forma de achegar aos pequenos e pequenas a outras realidades físicas e cognitivas, así como, que o que importa é a solidariedade e a diversidade.

Gracias pola visita, volvede pronto!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo