Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

DÍA DA POESÍA – 21 DE MARZO

Para celebrar o Día da Poesía o alumnado de Educación Infantil e 2º ciclo de Educación Primaria compartiron unha sesión na que expuxeron todo o traballado neste mes sobre a Poesía. Tamén participaron os voluntarios de 6º curso.

Na aula lila crearon rimas cos seus nomes e a aula vermella inventaron unha poesía sobre a visita ao Aquiarium recitaronllas ao alumnado de 4º de Primaria que tamén lles recitaron os poemas que aprenderon sobre Manuel María.

Por outra banda, a aula amarela recitou uns versos de Rosalía ao alumnado de 6º de Educación Primaria, que compartiu cos pequenos/as pequenas rimas que fixeron.

Por último, as nenas e nenos da aula verde prepararon unha poesía sobre o Arco da Vella e a aula laranxa unha sobre os bicos. Que compartiron co alumnado de 3º de Educación Primaria. Os maiores recitaron un poema sobre andoriñas e logo crearon todos xuntos varias andoriñas para decorar a biblioteca.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo