Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

AS FAMILIAS CONTAN. DIANA, NAI DE PALOMA.

Diana é Enfermeira na unidade de neonatoloxía (UCIN) no “Hospital Universitario da Coruña” (HUAC).

Dende unha perspectiva moi pedagóxica e lúdica, explicoulle ao alumnado de 1oA de Educación Primaria, o proceso que se adopta nos casos de nacementos prematuros.

O alumnado interesouse moito polo tema e fixo unha gran cantidade de cuestión que Diana respondeu con moita soltura e delicadeza.

Ademais, puidemos comprobar na nosa propia pel, os latexos dos nosos corazóns, a nosa tensión con diferentes aparellos, as diferenzas entre o tamaño dun bebé prematuro e outro que non o é, a súa forma de alimentarse… etc.

Pero, sobre todo, quedámonos coa forza e a resiliencia que teñen eses pequenos e pequenas para sobrepoñerse e saír adiante ante unha situación tan complexa e inesperada!

Xa por último, Diana deixounos xogar coas vendas e cos diferentes utensilios sanitarios de xoguete que nos mostrou.

E, por se fora pouco, regalounos vacinas e biberóns de xoguete! E un libro moi interesante sobre neonatoloxía para a Biblioteca! Moitísimas grazas.

Gracias por compartir os teus saberes e o teu tempo con nós Diana! Foi todo un pracer! Agardamos que volvas pronto!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo