Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

SAÍDA AO AQUARIUM

Hoxe o alumnado de Educación Infantil gozou dunha saída moi especial para coñecer a Casa dos Peixes na cidade da Coruña.

Alí puidemos saudar ao tiburón, Gastón. Coñecemos moitas cousas sobre el e, incluso, experimentamos tocando a pel e os ovos de tiburóns.

Tamén, vimos outros animais mariños como polvos, estrelas de mar, morenas e diferentes tipos de peixes.

Foi unha xornada único na que aprendemos moitas cousas interesantes.

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo