Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CLUB DE LECTURA “A NOSA PROPIA HISTORIA” (II)

No Club de Lectura de Narrativa continuamos a ler o libro de Leticia Barbadillo “A botella de lentellas”. Estanos a gustar moito agora que xa entendimos a dinámica da mestura de historias.

Vamos lendo os diferentes capítulos e historias vendo vocabulario novo, resolvendo dúbidas e comentando aspectos interesantes. Algúns capítulos lémolos na casa e na sesión seguinte comentamos, e outros máis longos lémolos xuntos na sesión á vez que comentabamos.

Comezamos a pensar en actividades moi interesantes para facer a posteriori.

Estamos emocionadísimos!

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo