Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Para celebrar o 17 de marzo o Día do Cómic, lanzamos un concurso de banda deseñada no que poderán participar todos os alumnos e alumnas do centro. Tanto a nivel individual como en pequenos grupos.

Cada un poderá entregar unha obra para a súa participación e o gañador/a terá un premio especial de parte de Marquiños.

As bases do concurso podedes atopalas no cartel informativo.

Este tipo de actividades axudan ao fomento da creatividade, autonomía, autoestima, lecto-escritura e a pasar tempo en familia.

Animade a vosa filla/o a participar!

PUNTO LIMPO MÓBIL

Grazas ao Consorcio As Mariñas contamos durante este mes de abril dun punto limpo móbil no que poder reciclar moitas cousas que teñamos na nosa

O MUNDO DOS NOSOS BECHOS

Nas aulas amarela e verde están a realizar un mini-proxecto sobre insectos e bechos, en xeral. Culminará dito proxecto coa saída de fin de curso

REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR

O equipo de Paisaxe e Sustentabilidade continua coas actividades que permiten o coidado do Medio Ambiente dunha forma lúdica. Tratando de xerar conciencia no noso