Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR

O equipo de Paisaxe e Sustentabilidade continua coas actividades que permiten o coidado do Medio Ambiente dunha forma lúdica. Tratando de xerar conciencia no noso alumnado.

Continuamos coa recollida de tapóns.

Comezamos co proxecto PilaBot no que cada neno e nena leva para casa unha pequena caixiña que poden traer chea de pilas para reciclar. Xuntaremos todas as pilas na caixa correspondente e que logo virán recoller.

Tamén, traballamos cos máis pequenos/as a reutilización de materiais de refugallo, por exemplo, creando estes lapiceiros personalizados.

PUNTO LIMPO MÓBIL

Grazas ao Consorcio As Mariñas contamos durante este mes de abril dun punto limpo móbil no que poder reciclar moitas cousas que teñamos na nosa

O MUNDO DOS NOSOS BECHOS

Nas aulas amarela e verde están a realizar un mini-proxecto sobre insectos e bechos, en xeral. Culminará dito proxecto coa saída de fin de curso

INSTALACIÓN ARTÍSTICA DA NATUREZA

Aproveitando os elementos naturais desta época do ano e materiais de refugallo que temos polo centro os docentes de Educación Infantil crearon esta instalación artística