Bibliomarquiños

Fiestra da Biblioteca Suso Cubeiro

PDI – OLIMPÍADAS SAN MARCOS, ABEGONDO 2024

Durante este primeiro trimestre, todos os grupos centráronse en investigar as pistas que lle deixou Marquiños na gamificación inicial. Así como, preparar a bandeira da súa aula como lles pedimos dende a Biblioteca.

Este trimestre titulabase “Acendemos a chama olímpica”.

Aprenderon sobre a orixe das Olimpíadas, os símbolos das mesmas como o facho, o pebeteiro, os aros olímpicos… O motivo de ser cinco aros e a explicación das súas cores…

Tamén investigaron sobre as diferentes mascotas dos Xogos Olímpicos e eliximos entre todos e todas a mascota das nosas Olimpíadas.

A nivel centro, a parte da gamificación inicial e do concurso de mascotas, fixemos a Constelación Olímpica co Ozobot e Leds, Xogos Paralímpicos polo Día da discapacidade, etc.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballado nas aulas. As actividades conxuntas podédelas ver ao longo do Blog.

Continuará…

OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA

Dentro do programa “Educando na Biosfera” da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, este curso o alumnado de Educación Infantil levou

DÍA DO MEDIO AMBIENTE – 5 DE XUÑO

Para conmemorar este día a nivel de centro, ao longo das semanas que nos quedan cada aula deberá decorar segundo as indicacións dadas polo equipo